28.5.12

A porta verde

Este venres, versos e berros verdes reverberaron no Borrazás. 

Abriuse a Porta Verde do Sétimo Andar e entraron tantas cores como persoas a encher de poesía os espellos e as pedras. Foi un recital vivo e variado, rico en acentos. O tempo converteuse no discorrer de intervalos entre recitador e recitador (o durante non conta, os minutos parecían detidos no aire). E esas dúas horas, mentres a tardiña se vestía de noite, foron todo un regalo.

Coñecín voces que nunca tivera o pracer de escoitar. Sentinme acollida e en familia. Botei a sonar os audiopoemas por vez primeira e chegáronme ecos de gargalladas e brillo nos ollos. Descubrín poetas marabillosos e marabillosas. Así que non podo máis que dar as gracias ós amigos d'A Porta Verde do Sétimo Andar por deixarme compartir con eles unha tarde ben bonita entre voces, birras e versos. 

Velaquí vai un artigo xenial de Paco Gallego e un par de fotiños do encontro.

4 comentarios:

  1. Grazas, Celia!!!!! Espero que vises o álbum fotográfico que puxen no face de GC Tendencias!!

    https://www.facebook.com/media/set/?set=a.299037550186333.66631.274805975942824&type=3

    ResponderEliminar
  2. Ai, si...que parvo!!!! ;)

    ResponderEliminar
  3. Vin, si! moitas gracias polas fotos e as letras, quedaron ben bonitas ambas! :)

    ResponderEliminar
  4. A vostede, señorita... ;)

    ResponderEliminar